lunes 14 de abril de 2008

I MAIO SOLIDARIO DE CORCUBIÓN

-PRESENTACIÓN DAS XORNADAS. ACTUACIÓN DO DÚO NAJLA E LORENZO. Venres 2 de maio na Casa da Cultura, ás 20:30.

-CONFERENCIAS (Na Casa da Cultura, ás 20:30):

-Venres 9 de maio: SÁHARA, MEMORIA DO CONFLITO. Esteban Varela. Subdelegado da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Responsábel comarcal do programa Vacacións en paz.

-Venres 16 de maio: ÁFRICA: PERSPECTIVA DO CONTINENTE E INMIGRACIÓN AFRICANA NA GALIZA. Víctor Omgbá. Xornalista e escritor camerunés. Director-fundador da ONGD Equus Zebra de axuda ao inmigrante.

-Xoves 22 de maio: A LEI DE INMIGRACIÓN. Teresa Franco. Licenciada en Dereito e experta en lexislación social.

-Venres 23 de maio: PALESTINA OU A CRÓNICA DUNHA TRAXEDIA. Mohamed Safa. Oftalmólogo palestino residente en Galiza. Conferenciante e escritor, foi responsábel na Galiza da OLP.

-DOCUMENTAIS (Na Casa da Cultura, ás 20:30):

-Xoves 8 de maio: Cabo Verde, sabí. Un documental sobre a inmigración caboverdiana na Galiza. Unha proposta que reflicte a mensaxe máis positiva das migracións: o respecto e o diálogo.

-Xoves 15 de maio: Bs.As. Unha película sobre Buenos Aires e a súa relación con Galiza.

-Xoves 22 de maio: Vilaboa, mirando a Meca / Mundo Bazar. Dous breves documentais que retallan a problemática social e a peculiaridade dos colectivos inmigrantes magrebís e chineses no país. (Proxectaranse antes da conferencia sobre a Lei de Inmigración, impartida por Teresa Franco).

-EXPOSICIÓN: OS OBXECTIVOS DO MILENIO (Na Casa da Cultura, do 1 ao 15 de maio): Respecto e defensa dos principios da dignidade humana, a igualdade e a equidade no plano mundial.

-COMERCIO XUSTO (No Cárcere Vello. Do 24 ao 30 de maio):
Exposición e venda de produtos. Información sobre o Comercio Xusto. En colaboración coas ONGD’s Equus Zebra e Panxea.


- FESTA SOLIDARIA (venres 30 de maio, dende as 21:00 na Prazoleta):

Festa multicultural para rematar as xornadas solidarias. Tenda de Comercio Xusto na rúa.
Actuación dos grupos ALÓDJANGÓ (Gipsy Jazz) e DEM (fusión multiétnica)

3 comentarios:

TXARI dijo...

moi bo cartel, dende logo maio resucitará os anzos de corcubiom, a solidariedade mudará de careta no maio paparrucheiro!...mil noraboas por achegarnos isto!!

Anónimo dijo...

quienes dirigen los documentales?

Universidade Popular de Corcubión dijo...

Na páxina web :http://www.axenciaaudiovisualgalega.org
Vas a "Cinemas Dixitais", e no buscador pós Corcubión. E xa tes toda a información dos filmes que se proxectan no noso pobo