martes 24 de junio de 2008

XA ESTÁ AQUÍ O "BAILE NERIO"


Cando Fani, artífice do I Gran Festival Exhibición e de Baile Multiestilos que tivo lugar en Corcubión o sábado 21 de xuño de 2008, propuxo á Universidade Popular que mediante o seu Grupo de Baile Nerio capitaneado por Diego Díaz (á vez tesoureiro) fixera unha exibición das pezas que se estaban a ensaiar non o dúbidamos un momento; máis aínda cando nós seríamos desta forma a representación do baile popular galego neste evento.

Os rapaces e rapazas danzaron ao son da música Muiñeira de Ourense a Muiñeira dos Pequenos; unha vez enriba do escenario da Casa da Cultura María Blanco, Alba Rodríguez, Raquel Miñones, Nacho Coronilla, Alejandro Díaz , Ana Blanco, Elena Coronilla e Ana Rodríguez(Anita) (a sabia nova da nosa asociación) fixo ao público asistente recordar os tempos nos que este grupo de baile fora o berce dun elenco importante de homes e mulleres que chegaron lonxe no arte do baile.

Tras os pequenos chegaron os maiores, xente que dende febreiro retomou ou comezou a andaina deixada fai uns anos atrás. A Muiñeira do Roi Xordo e a Gran Pandeirada foron bailadas con forza e arraigo por Alicia Antelo, Raquel García, Catrina Campos, Laura Caamaño, Tania Franco, Laura Picallo, Raquel Ramos, Diego Díaz (mestre) , Gustavo Mesías e Oscar Ínsua. Faltaban algunhas persoas, como por exemplo Jan, non puido bailar por ter unha perna escaiolada(recupérate Jan) pero que de seguro a próxima vez mostraranos as súas dotes enriba dun escenario.

Aproximadamente tras 5 anos de inexistencia total do Baile Nerio (desta vez non na man de Lola e Ricardo(antigos mestres) senón de Diego, pupilo destes dous), en Corcubión volvése a falar del, e con opinións positivas da actuación que se levou a cabo o sábado e que esperemos que as cousas sigan así para poder seguir deleitándovos cos nosos bailes. Grazas a todos e todas polo voso apoio.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non tedes mais fotos para pubilcar??

Anónimo dijo...

Poñede mais fotos ou videos!!