
O grupo de Baile Nerio de Corcubión resultou gañador do 1º premio no II Concurso de baile tradicional en Ponte do Porto celebrado este domingo.A Asociación Deportiva e Cultural Brens (Cee) quedou en segundo lugar, e A Reguleira, da ANPA do colexio de Carnota, en terceiro. Unha das condicións para concursar era que só se podían presentar pezas que non tiveran gañado noutras ocasións. Os premios están valorados en 530 euros: o primero, 250; o segundo, 180 e o terceiro, 100.
A agrupación de Corcubión interpretou "As tres muiñeiras", e as de Cee e Carnota presentaron "A xota de Breogán" e "A xota de Santía", respectivamente. Competiron tamén: o Grupo Churía, de Zas; a Agrupación Infantil Agrocogo, de Esteiro e o Grupo de Baile Abrochos, de Serantes.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada